Dende 1963 celebramos en Galicia o Día das Letras Galegas para homenaxear a aqueles homes e mulleres que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa da nosa lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega.
A data de celebración deste evento débese a que tal día como este, 17 de maio, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos" da escritora galega Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do Rexurdimento cultural do galego. Este ano o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade.
Por iso para nós, esta semana foi moi axetreada, os rapaces de Primaria e Infantil traballaron moito para conmemorar este día tan importante para a nosa cultura.
Os pitufiños ademais de debuxar un precioso mural e recitar poesías aproveitaron as novas tecnoloxías cos recursos do Seminario Galán, que os nosos compañeiros do Abalar deixaron para nos no seu blog.
Con moita ledicia compartimos música, baile, poesía… en fin, cultura, arte e troula. Para rematar a semana queremos mandar moitos bicos agarimosos a todos os que colaboraron con nós nestas celebracións.
Deixámosvos estas imaxes, sabendo que disfrutaredes moito con elas.
¡FELIZ 17 de MAIO a TODOS, “DIA DAS LETRAS GALEGAS”!
Os recursos están postos para compartir. Grazas pola lembranza. ;-D
ResponderEliminarFoi un auténtico luxo compartir a nosa estrea mundial como banda cun público tan receptivo e agarimoso. É só Rock & Roll pero gústanos. Apertas.
ResponderEliminarAs nais e os pais tamén queremos unha actuación de "Armando ruido y los constantes"!!! Bicos e noraboa pola celebración.
EliminarO mellor a final de curso temos sorte, jajaja. Eu estou facendo negociacións pola miña conta, a ver si me sirven de algo, pitufibicos. Profe Belén
EliminarMenuda celebración tivéchedes! E como disfrutaron os peques! MOI FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!! Unha gran aperta.
ResponderEliminar¡Feliz día das letras galegas!!! Estupendo mural han realizado estos pitufos. Besitos piruleteros
ResponderEliminarHola profes! no os preocupéis. Creo que hay un tope para subir fotos gratis ( 1gb )y parece ser que lo he cubierto y creo que debo ir borrando aquello de lo que pueda prescindir para ir añadiendo más asique de momento voy haciéndolo así.Gracias por responder y espero que hayáis cojido fuerza en el puente..jaja. besos a los pitufos y sus profes...
ResponderEliminar