Páginas

viernes, 13 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016 !

O próximo martes celébrase o día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel María. Toda a semana estivemos coñecendo a vida do autor e traballando nos seus poemas. Entre todos escollimos o poema do Caracol para decorar o noso corredor, ¡qué bonito nos quedou!

Ademáis esta mañá a profe Tere, especialista en língua galega, deunos unha charla super interesante sobre Manuel María e a súa obra, nela descubrimos que este autor non se esqueceu dos pequenos, xa que recitamos poemas, cantamos cancións e aprendimos moitísimas cousas da nosa língua. 

Somos galegos, pero no noso cole tamén temos nenos de moitos sitios; chineses, daneses, checos, franceses, italianos, alemáns, brasileiros, portugueses... e todos eles teñen a súa língua. 
Moitas línguas son moita riqueza! Por eso, os pitufos, estamos encantados desta mixtura de culturas.

Para rematar a festa, no ximnasio do cole, o noso compañeiro da ESO, Roberto, especialista en gaita, amenizounos cunhas pezas que coreamos e bailamos todos xuntos.

MIL GRACIAS PROFE TERE E ROBERTO!!

A língua é a base da nosa cultura, non o esquezades !

VIVAMOS COMO GALEGOS !!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Gracias por dejarnos tu comentario!
"Las Pitufi-Profes"